Concello da Coruña

Concello da Coruña

I Xornada da Edición

O día 17 de decembro de cada ano celébrase en Galicia o "Día da Edición" en coincidencia coa data de nacemento do editor Ánxel Casal (A Coruña, 17 de decembro de 1895) e como recoñecemento ao seu gran labor de edición de libros.

Cando:

17/12/2014, de 10:30 a 21:00

Este evento xa rematou

Horario:

  • Xornada escolar: de 10.30 a 12.30 h
  • Inauguración da exposición: 13.00 h.
  • Xornada aberta a público: de 18.00 a 21.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Documentos:

Convocatoria e inscrición á Xornada escolar (13 KB)

Organizada pola Asociación de Editores Coruñeses, co patrocinio da Deputación da Coruña e do Concello da Coruña.

PROGRAMA:

XORNADA ESCOLAR: (Auditorio)

  • 10.30 h. Mesa de ilustradores: Miguelanxo Prado, Xosé Cobas e Ali Ali
  • 11.15 h. Proxección do documental "A edición histórica na Coruña", de Pablo Silva
  • 11.35-12.30 h. Como se fai un libro. Impartido por Mar Pérez Negreira e Paula Mayor.
  • 11.35-12.30 h. 3 Talleres de ilustración (aulas 7, 11 e 12) impartidos por Miguelanxo Prado, Xosé Cobas e Ali Ali

Inscrición de grupos escolares: ata o 12 de decembro en editorescoruneses@gmail.com

13.00 h. INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "A EDICIÓN HISTÓRICA NA CORUÑA" (do 17 ao 30 de decembro).

XORNADA ABERTA AO PÚBLICO (Auditorio)

  • 17.45 h. Música para a recepción das persoas asistentes.
  • 18.00 h. Mesa editores. Coa participación de Eduardo Riestra (Ediciones del Viento), Miguel Anxo Fernán Vello (Edicións Espiral Maior), Miguel Toval (Edicións Embora), Tucho Calvo (Biblos Clube de Editores), José Manuel Fernández Cadahía (Hércules de Ediciones) e Xan Arias (Editorial Trifolium), moderados por Pemón Bouzas.
  • 19.00 h. Estrea do documental "A edición histórica na Coruña", de Pablo Silva. (20 minutos).
  • 19.30 h. Actuación musical de Blues do país
  • 20.00 h. Mesa escritores. Coa participación de Antón Castro, Blanca Riestra e Manuel Rivas, moderados por Miguel Anxo Fernán Vello.

A ASOCIACIÓN DE EDITORES CORUÑESES, recentemente creada na cidade da Coruña, trata de poñer en valor e recoñecer a gran tradición editorial histórica coruñesa, iniciada no ano 1885 co selo editor Biblioteca Gallega, de Juan Fernández Latorre e Andrés Martínez Salazar, e continuada posteriormente no ano 1924 coa editorial Lar e en 1927 coa editorial Nós, fundada esta última por Ánxel Casal, quen a converte na primeira grande editora galega moderna.

Na actualidade, a Asociación de Editores Coruñeses está formada por: Hércules de Ediciones, Editorial Trifolium, Biblos Clube de Editores, Ediciones del Viento, Edicións Espiral Maior e Edicións Embora.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión