- Luns: pechado
- De martes a sábado:
Mañás das 11.00 h ás 13.30 h
Tardes das 18.00 ás 20.00 h
- Domingos e festivos:
Mañás das 12.00 h ás 14.00 h
Entrada gratuíta
En outubro de 1891, a familia Ruiz Picasso, procedente de Málaga, instalouse no segundo andar do número 14 da rúa Pai Gómez, no que vivirán ata abril de 1895.
É unha casa coruñesa de arquitectura típica, con galerías de madeira, e cuxa estrutura orixinal se mantén. Neste piso, o Concello da Coruña recreou unha vivenda do século XIX na que se poden ver reproducións da obra coruñesa de Picasso, así como un gravado orixinal do artista e o mellor cadro pintado nunca polo seu pai, un "Pombal" con nove aves. Conta a lenda que, como o seu pai estaba a perder vista, as patas das pombas executounas o neno.
Acceso:
Fondos:
Na Casa Picasso reproducíronse 33 obras, das que 4 son do pai e as demais do mozo Picasso. Estas obras integráronse dentro da decoración da casa, nos diferentes cuartos de uso agás nos dormitorios.
Hai óleos sobre lenzo, óleos sobre madeira, debuxos a lapis e a pluma, tintas, carbóns e acuarelas.
Exposición permanente: Soño e mentiras de Franco.
Datos de interese:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible