A Coruña INICIA Os TRABALLOS PARA O DIAGNOSE COMO DESTINO TURÍSTICO INTELIXENTE
O Concello da Coruña comeza os traballos asociados ao proceso de diagnose Destino Turístico Intelixente ao que se someterá o municipio co apoio de SEGITTUR , a Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas, dependente da Secretaría de Estado de Turismo. O proxecto DTI enmárcase no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) da Coruña.
O Destino Turístico Intelixente defínese como un destino turístico innovador, consolidado sobre unha infraestrutura tecnolóxica de vangarda, que garante o desenvolvemento sustentable do territorio turístico, accesible para todos, facilitando a interacción e integración do visitante coa contorna e incrementando a calidade da súa experiencia no destino e a mellora da calidade de vida do residente.
A metodoloxía DTI, impulsada pola Secretaría de Estado de Turismo e pola Rede de Cidades Intelixentes a través da empresa pública SEGITTUR, articúlase sobre unha metodoloxía de diagnose baseada en 97 requisitos e 261 indicadores, que deriva nun sistema de recomendacións e un sistema de monitoraxe, que conforman os elementos fundamentais do modelo, permitindo un proceso de mellora continuo da xestión do destino adaptada aos retos presentes e futuros do turismo.
Son recoñecidos co distintivo de Destino Turístico Intelixente aqueles destinos que obteñen un grao de cumprimento dos requisitos previstos na metodoloxía DTI, igual ou superior ao 80%. A nivel nacional lograron este obxectivo os seguintes destinos: Barcelona, Bilbao, Benidorm, Donostia/San Sebastián, Guara Somontano, Xixón, Lloret de Mar, Málaga, Santander, Valencia e Vitoria.
O resto dos máis de 200 destinos con diagnóstico DTI obtiveron o distintivo de Destino Turístico Intelixente Adherido. Independentemente de cal sexa o seu grao de cumprimento, todos os destinos entran nun proceso de mellora continua que implica a renovación do distintivo cada dous anos para garantir a continuidade dos traballos en base ao modelo de xestión DTI.
A Coruña enmarca esta acción como parte da elaboración do "Plan Estratéxico de Turismo" que se financia a través do Plan de Sustentabilidade Turística.
As recomendacións que se deriven desa diagnose que elaborará SEGITTUR incorporaranse e serán unha parte moi importante dos traballos de redacción e articulación do Plan Estratéxico do destino A Coruña para os próximos anos.
Apostar por un modelo de desenvolvemento baseado na metodoloxía dos Destinos Turísticos Intelixentes supoñerá multitude de beneficios para o conxunto de actores que conforman o sistema turístico da Coruña: o ente xestor do destino, para a totalidade do tecido empresarial e, por extensión, para o conxunto da sociedade residente e o propio turista. Entre estes beneficios destacan:
O modelo DTI desenvolvido por España é unha referencia a nivel nacional e internacional recoñecido como boa práctica pola Organización Mundial do Turismo (OMT), a Comisión Europea, a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento (OECD) ou o Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID). Así mesmo, a iniciativa DTI forma parte da Axenda Urbana Española 2019.