A Coruña negra a través dos libros de Rober Cagiao é a primeira actividade do ano 2026 do programa Ando na Coruña. Percorrido pola Coruña literaria e real da man de Rober Cagiao, coas súas obras como fío condutor da actividade.
Público adulto
Personas adultas
Los días 06/05/2026 a las 18:00 , 13/05/2026 a las 18:00 , 27/05/2026 a las 18:00
Desde el 29/04/2026 hasta el 06/05/2026
18:00-19:30
As sesións terán unha duración aproximada de 90 minutos
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Calle Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
20
Inscrición previa
As persoas inscritas comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións, sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da listaxe de espera.
O número de participantes variará dependendo dos requisitos e das necesidades de cada actividade en concreto.
Biblioteca de Estudos Locais
Tf.: 981 184 386
Presentamos unha nova actividade dentro do programa Ando na Coruña.
Da man do escritor Rober Cagiao, percorreremos a cidade literaria e a cidade real que lle serviron de inspiración para as súas obras, obras que serán o fío condutor da actividade.
As dúas primeiras sesións, os mércores 6 e 13 de maio, terán lugar nas instalacións da biblioteca. Nelas, Rober Cagiao presentará os espazos coruñeses que protagonizan os distintos títulos da súa produción literaria ambientada na Coruña.
Na primeira sesión, entregarase un dossier con bibliografía e unha escolma de textos seleccionados polo propio autor.
A última sesión consistirá nun roteiro polos espazos antes mencionados.
Actividades relacionadas