Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bebescena Outono 2026: A selva, Teloncillo Teatro

A selva convida a bebés, nenos e familias a emprender unha viaxe imaxinaria por África, Asia e América para descubrir animais sorprendentes.

A quen vai dirixido?:

familias con nenos e nenas de 6 meses a 5 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/10/2026

Horario:

11:30 h e 13:00 h

Duración:

35 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

  • Entrada xeral: 6 €.
  • Entrada reducida: 2 € para menores de 3 anos, persoas con discapacidade acreditada e acompañantes.
  • Abono de tres entradas: 15 €.

As circunstancias que permiten acceder ao prezo reducido deben acreditarse ao comprar as entradas ou ao acceder ao espectáculo.

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

A través do xogo, a música, os obxectos e unha coidada proposta visual, aparecen unha cebra de raias brancas e negras, unha jirafa curiosa, un crocodilo perigoso na auga pero tranquilo en terra e outros pequenos habitantes. Incluso unha mariquita e un rato poden atopar o seu lugar nesta particular selva.

O espectáculo parte do interese natural que espertan os animais na infancia e das distintas emocións que provocan: curiosidade, agarimo, protección, sorpresa e mesmo certo temor. Os animais preséntanse mediante situacións e xogos próximos á maneira en que os nenos pequenos exploran o mundo.

A posta en escena combina teatro gestual, música, manipulación de obxectos, monicreques, poesía e estímulos visuais, creando un ambiente sensorial, próximo e participativo. Inclúe textos poéticos de autoras e autores como Gloria Fortes, Carlos Reviejo e Marisa Alonso Santamaría.

  • Dirección: Lola Eiffel.
  • Actriz e cantante: Ana Isabel Galego ou María Fernanda Carrasco.
  • Actor e músico: Anxo Sánchez ou César Espinoza.

Premio Nacional de Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade en 2013, e A selva foi candidata aos Premios Max 2024.

Puntos de venda de entradas:

  • En liña: www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, de 11:00 a 15:00 e de 16:30 a 19:30 h, excepto festivos.
  • Despacho de billetes do Centro Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo, sempre que queden entradas dispoñibles.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión