Lumiero é un entrañable e soñador coleccionista de luz, interpretado polo clown Pere Hosta. Vive rodeado de pequenos escintileos, lámpadas e sombras que parecen cobrar vida. É tamén un farolero, inventor de curiosos dispositivos e explorador da luz e a escuridade.
de 6 meses a 5 anos.
Para público en xeral
29/11/2026
11:30 h e 13:00 h
40 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
As circunstancias que permiten acceder ao prezo reducido deben acreditarse ao comprar as entradas ou ao acceder ao espectáculo.
IMCE
agora@coruna.gal
Neste universo acompáñao a súa filla Lumina, interpretada pola bailarina e actriz Jana Noguera. Lumiero desexa compartir con ela todos os segredos que garda detrás do seu vello farol. Xuntos descubrirán que a penumbra non ten por que resultar inquietante: pode ser un espazo cheo de historias, reflexos juguetones, sombras danzantes, humor e poesía.
A proposta combina teatro gestual, clown, danza, poesía visual, xogos de luces e música orixinal interpretada en directo. O movemento e a música permiten que os nenos sigan a historia de forma intuitiva, xa que é un espectáculo sen texto.
A banda sonora créase sobre o escenario con instrumentos tradicionais, obxectos e xoguetes musicais. Inclúe violoncelo, piano, saxofón, frauta, serra musical, guitarras, percusión e acordeón. A luz tamén funciona como un personaxe máis: xoga a contar unha historia e fai visible aquilo que, inicialmente, permanecía escondido.
Puntos de venda de entradas: