Únicos é unha proposta de danza contemporánea para a infancia que convida a entrar nun bosque simbólico: o espazo interior no que cada persoa vai construíndo a súa identidade con tempo, coidado e amor.
A partir de 18 meses en diante.
Para público en xeral
27/09/2026
11.30 h e 13.00 h
42 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
As circunstancias que permiten acceder ao prezo reducido deben acreditarse ao comprar as entradas ou ao acceder ao espectáculo.
IMCE
agora@coruna.gal
Neste escenario atópanse dous nenos que, a través do movemento e o xogo, obsérvanse, recoñécense e descobren aquilo que os fai diferentes e únicos. A obra reflexiona sobre como se forma a nosa identidade e expón preguntas como: en que momento deixamos de mostrarnos tal e como somos?, canto inflúen en nós as opinións dos demais?, somos realmente o que outras persoas din que somos?
A peza aborda conceptos como a diversidade, a identidade, o equilibrio, a aceptación e a construción do eu, utilizando a danza como unha linguaxe próxima e sensible. Os nenos e nenas non son tratados unicamente como espectadores, senón como persoas capaces de observar, interpretar e participar emocionalmente nesa reflexión.
Puntos de venda de entradas: