Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Cadejo blanco", de Justin Lerner

O ciclo "A outra beira" tráenos dúas películas da Arxentina, unha de Guatemala e unha de México

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 12/10/2023, 13/10/2023, 14/10/2023

Xa rematou

Horario:

Xoves e venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Duración:

120 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión das persoas espectadoras: sábados ás 17.30 h, prezo único: 1,50 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar a proxección deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programadas.

• Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Brandon López e Pamela Martínez

Guatemala, 2021

Duración: 120 min

NRM 16 anos

Proxección en VO

Tras a desaparición da súa irmá, Sarita, unha moza de clase traballadora de Ciudad de Guatemala, viaxa á cidade costeira de Puerto Barrios para facerse amiga de Andrés, o perigoso exmozo da súa irmá, e infiltrarse na súa cuadrilla, convencida de que ten algo que ver. Cunha determinación inquebrantable por descubrir a verdade, Sarita involúcrase cada vez máis con Andrés e o mundo implacable da súa cuadrilla.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión