Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Selección Sonora. The Sonics

O concerto de The Sonics (Ciclo Selección Sonora) previsto para o 6 de novembro de 2023 no Centro Ágora cancélase por enfermidade. A devolución das localidades farase polo mesmo medio de compra, para as compras por web a devolución farase automaticamente, para as compras en despacho de billetes deben acudir coa entrada á praza de Ourense nos seus horarios habituais e solicitar a devolución.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/11/2023

Xa rematou

Estado do evento:

Cancelado

Horario:

- Hora: 20.30 h

- Hora de apertura de portas: 20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Platea central: 20,00 €

Platea lateral: 19,00 €

Anfiteatro filas 1 a 6: 18,00 €

Anfiteatro filas 7 e 8: 17,00 €

Desconto do 20% para carné Xove, > 65 anos ou persoas desempregadas

Desconto do 25% para familia numerosa

*A documentación que confirme a aplicación do desconto presentarase no despacho de billetes no momento de mercar a entrada e o día do concerto no momento de acceder ao teatro

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Adhesión Mercantil Coruñesa SL

Con The Sonics empezou todo. Polo menos o movemento punk, que naceu con eles en 1960, precederon a todos catro anos cun rock 'n' roll de tres acordes e letras sobre mulleres malvadas ou drogas, un explosivo son e actitude con guitarras fuzz, berros salvaxes e ritmos contundentes.

63 anos despois seguen sendo referencia: o canon do punk-rock, marcado por primeira vez no seu álbum de debut, Here are The Sonics, segue máis que vixente, citado como influencia no seu son para variados tótems da música como Bruce Springsteen, Nirvana, The White Stripes. Cancións como 'The Witch', 'Psycho' e 'Strychnine' convertéronse en pedra angular de moitas novas bandas de garage-punk hoxe en día, versionadas por artistas da categoría de The Cramps, The Flaming Lips, Mudhoney e The Fall. Na súa nova xira a banda estará composta por Rob Lind, Dusty Watson e Evan Foster, ademais dos novos membros, Joe Doria e Tom Jorgenson.

Unha formación salvaxe e ruidosa, como a ti che gusta!

"Banda arquetípica do garage punk dos anos 60 e titáns da escena do Pacific Northwest. (...) o seu son e a súa actitude son parte imprescindible do ADN de todas as xeracións posteriores da música de garage".

El Sótano, Radio 3

VENDA DE LOCALIDADES DESDE O 28 DE ABRIL

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Ágora unicamente os días de espectáculo dende unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión