Concerto de EntrElas Grupo Vocal na Biblioteca de Estudos Locais.
Todos os públicos.
Para público en xeral
14/12/2024
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade.
De 12.30 a 13.30 horas
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
981184386
EntrElas Grupo Vocal ofrece esencialmente música do noso tempo, esa que moitas veces nos resulta familiar e que nos evoca recordos, aínda que coa peculiaridade de ser cantada só por elas; ao unirse, crean un fermoso tecido sonoro onde unicamente a voz é a protagonista.
O realmente importante para estas mulleres é a música, sexa de onde sexa e calquera que sexa o xénero. Trátase de gozar con ela cantando e de que o público tamén o faga.
O repertorio do grupo é moi variado. Interpreta obras populares galegas, chachachás, boleros, bossa novas, soul, música pop, panxoliñas do mundo, bandas sonoras de películas, reggae e outros ritmos que consideran adecuados cada concerto.
Estas son as cancións que interpretarán na Biblioteca de Estudos Locais:
1. Bring me Little water, Silvy
2. Java Jive
3. Only you
4. Drume Negrita
5. Zapata se queda
6. Berimbao
7. Piel Canela
8. Palabras
9. Os teus ollos
10. Da rosa, rosiña
11. A belén vinde pastores
12. Benvidos a esta noite
13. Mazapán con miel
14. Silent night
15. Canten pastorciños
16. Jingle Bells
https://www.facebook.com/people/entrelas-Grupo-Vocal/100004872391046/?_rdr