Troyanos de Compostela é a agrupación musical da Asociación Cultural Musical de Antigos Tunos Composteláns e do Museo Casa da Troia
Para público en xeral
25/02/2023
Xa rematou
- Hora: 20.00 h
- Hora apertura de portas: 30 min antes da función
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Deputación Provincial da Coruña
Esta agrupación, nada en 2013, debutou en concerto no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela a tarde do 7 de novembro de 2015, dentro dos "II Encontros Troyanos en Compostela", levados a cabo para conmemorar o centenario da edición da novela.
Troyanos de Compostela xorde como proxecto vinculado ao Museo Casa daTroia cos obxectivos de investigar, promover e divulgar a música para Instrumentos de pulso e púa que tocaba a Tuna Compostelá a finais do século XIX e comezos do XX (época da novela); e lembrar a figura e a obra de diversos compositores galegos daquel tempo.
A agrupación conta actualmente con 32 compoñentes, persoas afeccionadas á música que actualmente son profesionais en distintos ámbitos, pero aos que lles une a súa pertenza durante a súa etapa académica á Tuna Universitaria.
Desde a súa presentación, o grupo realizou diversas actuacións, tanto en Santiago e a súa contorna como noutras localidades de Galicia (Carballo, Vilalba, Vilanova de Arousa, Celanova, Padrón, Cedeira,...), España (Salamanca, Madrid, Sevilla,...) e Portugal (Porto, Coimbra).
Destacar, a gravación do CD "Viva Galicia! A música non tempo da Casa da Troia", presentado nun concerto celebrado o 14 de xullo de 2018 no Teatro Principal de Santiago. O título deste CD é un homenaxe a Lugín; a José Gómez Veiga "Curros", director musical da Tuna Compostelá naqueles anos e músico de grande influencia na vida musical de Santiago.
VENDA DE LOCALIDADES