Concello da Coruña

Concello da Coruña

Eclipses doutros mundos

Conferencia do astrofísico Alejandro Cardesín

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/07/2026

Horario:

19.30 horas

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Organiza:

O planetario da Casa das Ciencias acolle unha charla, organizada pola Asocación de Amigos da Casa das Ciencias, a cargo do astrofísico Alejandro Cardesín, na que nos convidará a realizar unha viaxe polo sistema solar para coñecer como suceden as eclipses noutros planetas, tomar perspectiva do noso lugar no universo e descubrir que aprender observando eclipses dende Mercurio ou os planetas xigantes, coas súas lúas e aneis.

Alejandro Cardesín é enxeñeiro en telecomunicacións pola Universidade de Vigo e doutor en Ciencias e Tecnoloxía Espacial pola Universidade de Padua (Italia). Na actualidade é o responsable de operacións científicas das misións Mars Express e ExoMars e tamén preside a Comunidade Ibérica de Ciencias Planetarias na Sociedade EuroPlanet. Ademais conta con máis de vinte anos de experiencia en misións da Axencia Espacial Europea (ESA polas súas siglas en inglés), como Rosetta, Venus Express ou Juice.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión