Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición A Granxa Agrícola de Monelos

O vindeiro martes 7 de novembro ás 19.30 h, a AC Alexandre Bóveda e a AV de Oza Gaiteira-Os Castros inauguran no Fórum Metropolitano esta exposición sobre a Granxa Agrícola de Monelos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/11/2023 ata o 24/11/2023

Xa rematou

Horario:

De luns a venres das 08.00 ás 21.00 h

Sábados das 09.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 21.00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre

Organiza:

AC Alexandre Bóveda e AV de Oza Gaiteira - Os Castros

Contacto:

Rúa Mercé, 56, baixo (15006 A Coruña)

Teléf.: 981 298 122

www.facebook.com/redeoza.org

Documentos:

Granxa Agrícola Monelos (2 MB)

Entre 1888 e 1964 funcionou na Coruña a Granxa Agrícola Experimental, o primeiro centro dedicado a mellorar as técnicas e produtos agrarios e gandeiros, e durante décadas impulsou a modernización do campo galego e a formación dos labregos e labregas. Actuou como un foco de ciencia básica e aplicada, un centro de dinamización social e sensibilización ambiental e un foco de divulgación científica. Entre os seus logros o máis importante é o de fixar a raza rubia galega, ou a introdución do cultivo do lúpulo no noso país, dando lugar á primeira cervexa galega, ademais de realizar un importante labor na loita contra pragas e na construción dun coñecemento experto que axudou á modernización do campo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión