Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Camínalo Tour é a nova xira de concertos que Gilberto Santa Rosa, tamén coñecido como “o cabaleiro da salsa“, presentará nos recintos e auditorios máis icónicos a nivel mundial.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
04/03/2023
As entradas poñeranse á venda o xoves 17 de novembro ás 12.00 h
Front of Stage (zona acoutada a pé de escenario con acceso diferenciado): 65,00 €
Pista (de pé): 45,00 €
Tendido Baixo (sentado numerado): 35,00 €
Tendido Medio (sentado numerado): 35,00 €
Tendido Alto (sentado numerado): 35,00 €
A entrada é nominal, persoal e intransferible. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade destas, nin devolucións.
No momento da compra da entrada a persoa titular debe indicar o seu nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte, tal e como figuran no seu documento nacional de identidade.
Para poder acceder ao Coliseum, a persoa titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI orixinal xunto coa entrada.
Himnos como "Que alguien me diga", "Perdóname", "Cálculo regresivo" e un feixe de cancións que forman parte da historia musical dos 40 anos de Gilberto Santa Rosa, serán as protagonistas dunha noite memorable.
O sábado 4 de marzo terá lugar a única presentación no norte de España do artista portorriqueño no Coliseum da Coruña.