Concello da Coruña

Concello da Coruña

ISMAEL SERRANO "La canción de nuestra vida"

Ismael Serrano volve sorprendernos cun novo espectáculo cheo de poesía, no que convida o público a gozar do privilexio de escoitar, ademais dos seus éxitos de sempre, cancións inéditas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/02/2024

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea / Palco central / Palco Real 35,00 €

Palco lateral 32,00 €

Principal 28,00 €

1º fileira Principal (VR) 25,00 €

Desconto do 20% para carné Xove, maiores de 65 anos ou persoas desempregadas

Desconto do 25 % para familia numerosa

*Os descontos aplicaranse previa presentación en despacho de billetes do documento que acredite o desconto.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos / concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto cu sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://caveaproducciones.com/producto/ismael-serrano-2/

Organiza:

Cávea Producións SL

Temas que se converterán, sen dúbida, en novos himnos para lembrar aquel tempo efervescente no que nos sentimos intensamente vivos e o futuro era noso. Nesta xira ('La canción de nuestra vida'), Ismael Serrano renova o seu repertorio cun novo disco, ofrecéndolle á audiencia unha nova experiencia musical, fuxindo do recital convencional, profundando na aposta teatral que xa adiantou en anteriores xiras.

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes central da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: desde 2 horas antes do inicio do concerto (sempre que queden entradas dispoñibles)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión