Concello da Coruña

Concello da Coruña

Jorge Blass presenta FLIPAR

O aclamado ilusionista Jorge Blass presenta FLIPAR, o seu novo e agardado espectáculo, no que leva máis de 2 anos traballando para ofrecernos novas ilusións que farán que a nosa boca e os nosos ollos fiquen máis abertos do que xamais criamos que podían abrir.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 15/04/2023, 16/04/2023

Xa rematou

Horario:

- Hora: 21.00 h

- Hora apertura de portas: 30 min antes da función

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 26,00 €

Palco: 25,00 €

Principal: 20,00 €

1ª fila de principal (VR): 18,00 €

Desconto do 20% para carné novo, > 65 anos ou persoas desempregadas

Desconto do 25 % para familia numerosa

*A documentación que confirme a aplicación do desconto presentarase en despacho de billetes no momento de comprar a entrada e o día do concerto no momento de acceder ao Teatro

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Etiqueta Negra Producións, SL

Unha experiencia única na que a maxia adianta a tecnoloxía para demostrarnos que non existe o imposible.

Jorge Blass vai facer que o flipedes de verdade, que dubidedes mesmo dos vosos sentidos e que quededes sen respostas a como, onde e por que. A maxia conectaranos máis que calquera rede social. Unha persoa do público farase invisible cada día. Serás testemuña dunha teletransportación incrible. E as ilusións traspasarán as portas do teatro deixándoche pampo e abraiado mais, sobre todo, cun sorriso na cara.

Sen dúbida, unha experiencia difícil de esquecer que non deixará indiferente a ninguén.

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: desde dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión