Juan Luis Guerra e Gilberto Santa Rosa
35 anos de concertos de Juan Luis Guerra, máis de tres décadas de concertos cheos e sorrisos a esgalla, escribiron a impecable historia deste artista, unha historia de galardóns e reputación incólume.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
13/07/2024
Xa rematou
Horario:
21.00 h
Apertura de portas ás 19.30 h
Requisitos:
- A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.
- No momento da compra das entradas débense indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas que vaian asistir, tal e como figuran nos seus DNI.
- Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.
- No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as persoas acompañantes deberá indicar os seus propios nas entradas destinadas aos/ás ditos/as acompañantes, e estará obrigado/a a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todas/os elas/eles deberanse identificar como integrantes do mesmo grupo.
- Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.
Tres Grammy e 21 Latin Grammy decoran a súa traxectoria cun resplandor identificable: o do talento! Así como multitude de fitos na historia da música.
VENDA DE LOCALIDADES