11 de novembro de 2025
A actividade forma parte do programa "Fomento da lingua galega nas Escolas Infantís Municipais", que se desenvolverá ao longo do mes de novembro.
Os nenos e nenas de 0 a 3 anos da Escola Infantil Municipal Arela puideron gozar, o pasado xoves 6 de novembro, do espectáculo "Levántate, Xan!", unha proposta teatral con conto, cancións e monicreques, da man de .. Caxoto Contacontos
Esta actividade forma parte do programa Fomento da lingua galega nas Escolas Infantís Municipais 2025-26 , que se está desenvolvendo durante o mes de novembro e que ten como obxectivo o fomento e a dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseándose no Plan xeral de normalización da lingua galega.
Entidades