2016: 3 propostas aos Premios do Cinema Alemán
Para público en xeral
Dende o 27/04/2023 ata o 29/04/2023
Xa rematou
Xoves e venres ás 20.00 h
Sábado ás 17.30 e 20.00 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00 €
Descontos
Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €
Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €
Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar a proxección debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar a proxección sen a autorización da organización
• Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forummetropolitano@coruna.gal
Ao pouco tempo de que o matrimonio formado por Marie Curie e Pierre Curie obtivese o Nobel de Física, Pierre morre nun tráxico accidente. Soa con dous nenos, unha Marie nos trinta anos aférrase aos seus estudos científicos nun mundo dominado polos homes, converténdose na primeira muller en recibir unha cátedra na Universidade Sorbona de París. Cando namora de Paul, un científico casado e inicia unha aventura con el, a muller deste, celosa, fai pública a súa relación, ao mesmo tempo que se anuncia o seu premio Nobel de Química. En lugar de gozar da fama que se gañou polo seu portentoso traballo de investigación, Marie vése difamada por cometer adulterio.
Con: Karolina Gruszka, Arieh Worthalter
Alemaña, 2016 - 96 min (VOS en castelán)
NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 7 ANOS E DISTINTIVO "ESPECIALMENTE RECOMENDADA PARE O FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO"
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades