Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mon chien stupide (Bos principios) de Yvan Attal

Attal indaga máis no papel da masculinidade no mundo moderno, na súa reelaboración fronte a un universo que xa non considera como centro o macho alfa

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 27/04/2023 ata o 29/04/2023

Xa rematou

Horario:

Xoves e venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €

Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €

Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar a proxección debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar a proxección sen a autorización da organización

• Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Henri é un escritor de mediana idade en crise. E quen son as persoas responsables dos seus fracasos, a súa abstinencia sexual e a súa dor de costas? A súa esposa e os seus catro fillos. Xusto no momento crítico no que está a facer un balance da súa vida, de todas as mulleres que nunca volverá ter, e de todos os coches que nunca conducirá... un can de metro e medio, maleducado e demasiado entusiasta, decide instalarse na súa casa. A pesar dos intentos de toda a súa familia por botalo, e que o amor incondicional da súa muller comece a fraquear, este can ao que deciden chamar "Estúpido" convértese no novo mellor amigo de Henri e axudaralle a entender que na adaptación ao cambio está a súa verdadeira felicidade.

Con: Yvan Attal, Charlotte Gainsbourg

Francia, 2019 - 106 min (VOS en castelán)

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12

* Baseada no best seller de John Fante "Ao oeste de Roma"

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión