Mais outro ano, as Bibliotecas Municipais sumámonos á festa do cómic máis especial da cidade: Viñetas desde o Atlántico. Durante o mes de agosto, o cómic sae dos andeis e chega ás vosas mans en forma de charlas e encontros, presentacións, obradoiros, mostras e exposicións.
A partir de 10 anos (entre 10 e 12 acompañados/as dunha persoa adulta).
Xuvenil
13/08/2026
Dende o 30/07/2026 ata o 13/08/2026
Require inscrición
Das 11.00 ás 12.30 h
1.5 h
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Baixo. 15003 A Coruña
20
Tel.: 981 184 388
Neste obradoiro desenvolverase unha actividade introdutoria de xogos de cartas temáticas de dúas franquías profundamente integradas en todos os niveis da obra escrita, os cómics e os medios audiovisuais, que unen a fans de todo o mundo: Pokémon e Magic: The Gathering.
Os nosos especialistas guiarán os participantes con explicacións, partidas prácticas contra xogadores experimentados e sesións de xogo libre.
Con Eldritch Gate.