É obxecto desta ordenanza regular, para o municipio da Coruña, a obriga de conservación e rehabilitación de terreos, construcións e edificios, co fin de mantelos en estado de seguridade, salubridade, funcionalidade e ornato público, garantíndose as condicións requiridas para a súa habitabilidade e uso efectivo, así como as medidas por incumprimento das devanditas obrigas. Regúlanse, ademais, a determinación dos supostos legais de ruína dos inmobles e o informe de avaliación dos edificios.
21 de marzo de 2022
Ordenanza Conservación e rehabilitación de inmobles (153 KB)