Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación do libro: "Arsínoe, reina de Alejandría", de Nieves García Centeno

Descubre a novela histórica de Nieves García Centeno, dedicada a Arsínoe, a muller que arrebatou o trono á súa irmá maior, Cleopatra e atreveuse a enfrontar a Xulio César para salvar a Exipto de Roma.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

27/02/2026

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

19.00 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

O venres 27 de febreiro ás 19.00 h terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación do libro "Arsínoe, reina de Alejandría", novela debut de Nieves García Centeno, que reúne a paixón pola investigación histórica da autora e o Antigo Exipto.

A narración desta novela céntrase na vida de Arsínoe, quen, desde nena, crecerá entre as intrigas de palacio e a presión que Roma exercía sobre o seu pais, Ptolomeo XII, o Auletes. Á súa morte, o enfrontamento obvio entre a nova parella real, os seus fillos Ptolomeo XIII e Cleopatra, obrigarán a esta a fuxir de Exipto. Os alexandrinos fan raíña a Arsínoe, a quen as fontes antigas citarán como aquela que ocupou o trono de Exipto estando vacante pola ausencia de Cleopatra.

Xunto co entón rei e irmán de ambas, Ptolomeo XIII, e axudada polo seu titor, o eunuco Ganímedes, Arsínoe loitará contra Cleopatra na chamada Guerra Alexandrina, que Xulio César relata e na que se viu obrigado a participar tras decidir apoiar a Cleopatra, con quen tivo unha relación tanto política como íntima.

O libro mergúllanos tamén no Exipto milenario a través das experiencias de Hori, un sacerdote lector e escriba do templo de Apolinópolis (Edfu), no sur, e Satyra, unha moza chipriota que é raptada e vendida como escrava nun bordel de Alexandría.

Os acontecementos levarannos ademais a Roma e a personaxes tan interesantes como Calpurnia, a muller de César; Livia, a de Marco Antonio; Terencia, a de Cicerón, ou Octavia, irmá do futuro primeiro emperador romano, Caio Xulio César Augusto. Mulleres que, como Arsínoe, lidaban nun mundo dirixido por homes, tentando ser donas do seu destino.

Sobre Nieves García Centeno

Naceu en Valladolid, aínda que reside desde os 9 anos na cidade da Coruña. De nena, era unha lectora empedernida, pero tamén escribía poesía, contos ou relatos de aventuras. E ler en alto as noticias dos xornais sentada no chan do salón. A súa vocación semellaba inevitable: licenciouse en Ciencias da información na Universidade Complutense de Madrid e continuou cun Master en Relacións Internacionais no Centro Universitario Ortega e Gasset.

Entusiasta da investigación, realizou un doutorado en Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña, pero o periodismo foi máis forte e durante anos exerceu en prensa, radio e axencias, e administración.

A pandemia da Covid-19 supuxo unha volta de folla profesional e persoal: rematou Xeografía e Historia na UNED, realizou un Mestrado de Exiptoloxía na Universidade de Alcalá de Henares e outro de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade na Universidade de Santiago de Compostela. Brindoulle a posibilidade de facer realidade os seus soños: escavar en Exipto, en Karnak (xaneiro 2024) e por distintos puntos da xeografía española (Zaragoza, Serra de Gata, Granada, Asturias, Galicia), ademais de seguir viaxando, visitando museos e compartilo nas súas redes sociais, e colaborar no blog Amigos da Exiptoloxía desde 2017. "Arsínoe, reina de Alejandría", publicada en xaneiro de 2026 en Almuzara Libros, é a súa primeira novela.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión