Concello da Coruña

Concello da Coruña

PRESQUE (Mentes marabillosas) de Bernard Campan, Alexandre Jollien

Unha historia emotiva e sorprendente

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 05/12/2024, 06/12/2024, 07/12/2024

Xa rematou

Horario:

Xoves ás 20.00 h

Venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Duración:

92 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 años ou persoas desempregadas 2,00 €

Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

-Rógase puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a mesma

-Ao acceder á sala de cinema poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos

-Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión

-Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala Non está permitido gravar ou fotografar as películas

-Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e luz molestan ao público asistente

-As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión

-Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñan e de que ocupen ou non butaca

-Os carriños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións

-Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas

-Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo responsable da sala

-A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias

RECOMÉNDASE: Actuar con responsabilidade

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

con Bernard Campan, Maryline Canto

Francia 2021

92 minutos - VOSE

Non recomendada menores 12 anos

Louis dirixe unha funeraria. Solteiro empedernido, vive dedicado ao seu traballo. Por unha casualidade da vida, un día crúzase con Igor, un espírito agudo nun corpo minusválido por mor dunha parálise cerebral. Igor reparte verduras ecolóxicas mentres pasa o seu tempo libre lendo a Sócrates, Nietzsche e Spinoza. Xuntos emprenderán unha viaxe no coche fúnebre de Louis para transportar o corpo da defunta Madeleine ao lugar onde debe ser enterrada. Neste percorrido salpicado de encontros, Louis e Igor irán conquistando a liberdade sobre a mirada dos demais e aprendendo a amar a vida tal e como chega, liberándose dun mesmo.

Ligazón a tráiler

https://youtu.be/DZPXFF1sOrg

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda en despacho de billetes Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda en despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión