Concello da Coruña

Concello da Coruña

REIM: prazo de matrícula (convocatoria extraordinaria de setembro)

Tal e como se indica nas Bases reguladoras do proceso de admisión, a matrícula será xestionada por cada unha das escolas da REIM.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/12/2025 ata o 18/12/2025

Xa rematou

Coa publicación das listas definitivas de persoas admitidas, excluídas e en espera da convocatoria extraordinaria de setembro da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), de admisión para o curso 2025-2026, ábrese o prazo de matrícula do 16 ao 18 de decembro (ambos os días incluídos).

Tal e como se indica nas Bases reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para o curso 2025-2026, a matrícula será xestionada por cada unha das escolas da REIM.

A persoa solicitante deberá dirixirse á escola asignada e presentar a seguinte documentación:

  • Cartilla sanitaria do neno/a.
  • Cartilla de vacinas do neno/a.
  • De ser o caso, informe médico sobre alertas e intolerancias.
  • Calquera outra documentación que a escola requira en función das circunstancias particulares de cada caso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión