Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Scum" (Escoura), de Alan Clarke

Cinenterraza - CULT MOVIES 2026

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/07/2026

Horario:

22.30 h

Duración:

92 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Ray Winstone, Mick Ford e Julian Firth

Reino Unido 1979

Duración: 92 min

Proxección en VOSE

Non recomendada para menores de 18 anos

O protagonista é trasladado a un duro reformatorio tras un violento incidente no anterior. A atmosfera é salvaxe e os internos deben aprender a sobrevivir nun universo onde impera a lei do máis forte.

Lendario traballo do mítico cineasta británico Alan Clarke. O filme foi obxecto dunha durísima polémica no seu día.

Denuncia implacable dun sistema represivo que non funciona e que converte a simples infractores en criminais natos.

*Ao finalizar a proxección haberá charla-coloquio con  Patricia Acinas, cofundadora de Restory Books e axitadora cultural

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días da proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión