25 de novembro - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Para público en xeral
31/10/2026
20.30 h
75 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 9,00 €
A persoa que adquira entradas con desconto debe presentar a acreditación correspondente no momento de comprar as entradas e de acceder ao auditorio-
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.
Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.
O teatro ten reservado o dereito de admisión
Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.
Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.
A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.
RECOMÉNDASE:
Seguir as instrucións do persoal de sala
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.gal
Vitória é o retrato dunha denuncia. Unha peza de teatro autobiográfica que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz Iria Pinheiro cando interpuxo unha denuncia por acoso sexual conta o director do programa de televisión no que traballaba.
A peza reconstrúe a historia que vai desde 2017 a 2023, intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía características do cabaret.
Vitória foi escrita co apoio do Laboratório de Escrita para Teatro - Dramaturgias Políticas Contemporáneas impulsado pola compañía Casa de Esquina (Coimbra), durante os meses de xuño a decembro de 2023.
Duración: 75 min
Compañía: Iria Pinheiro
Dirección colectiva
Elenco: Vitoria Pérez, Iria Pinheiro, Salva do Río
Público: + 12 anos
Espectáculo en galego
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades