Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller artístico e creativo “Gilot_Picasso”.

Casa Museo Picasso acollerá o taller artístico e creativo "Gilot_Picasso", impartido pola artista Gosia Trebacz.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 18/09/2026, 19/09/2026

Horario:

Público adulto

  • Venres 18 de setembro: de 17.00 a 19.45 horas.
  • Sábado 19 de setembro: de 10.00 a 13.00 horas.

Público infantil

  • Venres 25 de setembro: de 18.00 a 19.45 horas.
  • Sábado 26 de setembro: de 11.00 a 13.00 horas.

Enderezo:

Casa Museo Picasso. Rúa Payo Gómez 14, Bj y 2. 15004 A Coruña

Número de prazas:

9 por día

Requisitos:

  • Inscrición previa: casasmuseo@coruna.gal.
  • Máis información: 981 189 854

Organiza:

Casas Museo. Servizo de Cultura

Trátase dunha proposta interxeracional dirixida tanto ao público adulto como ao infantil. A actividade toma como punto de partida a relación artística e vital entre Françoise Gilot e Pablo Picasso, explorando as influencias, afinidades e procesos creativos que marcaron a traxectoria de ambos os artistas.

A través de diversas actividades plásticas, as persoas participantes poderán achegarse á obra e ao universo creativo destas dúas figuras clave da arte do século XX desde unha perspectiva participativa e contemporánea.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión