Achégate ao Quixote!, ven e goza con outra forma de coñecelo. Charlas impartidas por Antonio Couto.
Para público en xeral
Os días 13/04/2023, 20/04/2023, 27/04/2023
Xa rematou
Dende o 10/04/2023
Inscrición a partir do 10 DE ABRIL (na conserxaría do Fórum ou a través dun correo a imceocio@coruna.gal)
en horario de 17.30 h a 18.45 h
Actividade gratuíta ata completar capacidade
Con compromiso de asistencia ás sesións
IMCE
981 184 293
imceocio@coruna.gal
Se queres aprender e gozar dunha das grandes obras da literatura dunha forma animada e diferente; ¡¡VEN!! Os XOVES: 13, 20 e 27 de abril en horario de 17.30 h a 18.45 h na sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano
Despois destes tres anos de pandemia nos que interrompemos unha tradición que levaba varios anos realizándose queremos recuperar a normalidade e convidámoste a achegarte ao Quixote, a entendelo entre todos e a interpretar a súa actualidade no noso século XXI así como a valorar por que segue sendo un best seller de verdade.
Situaremos a obra de Cervantes no seu contexto histórico-literario, seleccionaremos capítulos e temas representativos que comentaremos nas aulas e renderémoslle unha homenaxe á novela o último día, o 27 de Abril, xa que o aniversario da morte do autor , o 23 de Abril, Día do libro, este ano coincide en domingo.
Entre os distintos temas achegarémonos ao "da liberdade no Quixote", "O humor", "A ingratitude humana", ou o tema de tanta actualidade como "A defensa feminista da muller".
Na sesión do último día, o xoves 27 de abril, realizaremos a tradicional lectura de fragmentos do Quixote que se fai en todo o mundo hispánico pero cunha particularidade xa practicada outros anos:queremos que tamén participen os nenos de calquera idade.
Convidarémolos a ler un breve fragmento e comentarémolo. Quedará un bo recordo e co apoio dos seus profesores e familias, no momento acaído comezarán a lelo.