Concello da Coruña

Concello da Coruña

THE SOUL OF GOSPEL by The Black Heritage Choir

CONCERTOS DO XACOBEO presenta GRANDES DO GOSPEL, un clásico do Nadal que este ano suma a Vigo á programación xa tradicional na Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/12/2026

Venda de entradas desde o 29 de xullo de 2026 ás 11.00 h

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña

Prezo:

Desde 25,00 €

Requisitos:

Non se admiten cambios nin devolución de entradas.

Páxina web:

https://www.palaciodelaopera.com/agenda/

Organiza:

Cávea Producións, co patrocinio da Xunta de Galicia e Xacobeo 2027

The Black Heritage Choir é unha selección de cantantes do Mississppi Mass Choir, que baixo a dirección de Mr. Jerry Calvin Smith no seu concerto The Soul of Gospel, lle renden homenaxe ao xénero desde as súas orixes nas plantacións ata as súas derivacións máis urbanas.

O máis salientable desde o punto de vista artístico é o paradoxo de atoparnos ante un coro de solistas no que todos os seus compoñentes teñen un papel protagonista, sen que esa singularidade debilite o son do conxunto.

GRANDES DO GOSPEL, SENTIMENTO, LIBERDADE E DIVERSIÓN

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres excepto festivos de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h
  • Venda no despacho de billetes do Palacio da Ópera: unicamente día de concerto.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión