Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo Público Outono 2026 - BACKSTAGE

Teatro gestual, musical, clown

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

24/10/2026

Horario:

18.00 h

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €

  • Menores de 3 anos: 2,00 €
  • Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
  • Persoas con certificado de discapacidade e acompañante: 2,00 €

A persoa que adquira entradas con desconto debe presentar a acreditación correspondente no momento de comprar as entradas e de acceder ao auditorio-

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Un música está a piques de dar un concerto en solitario. Antes de que chegue o público, prepárase entre bambalinas. Nada máis chegar, comezan os problemas: non atopa as cousas, perde as partituras, ponse nervioso... e todo porque o rexedor do espectáculo é un pallaso.

Durante o transcurso do espectáculo, a través do humor físico, a música e o xogo constante co espectador, veremos a parte máis divertida do que sucede antes de saír a escena.

Duración: 50 min

Público familiar. Espectáculo recomendado a partir de 5 anos.

Compañía: Negro López

Autoría: Iván Davila

Dirección: Chiqui Pereira

Elenco: Iván Davila, Brais Iriarte

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión