Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo Público Outono 2026 - INVERNO NA LAVANDERIA

Teatro, clown, monicreques

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

14/11/2026

Horario:

18.00 h

Duración:

45 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €

  • Menores de 3 anos: 2,00 €
  • Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
  • Persoas con certificado de discapacidade e acompañante: 2,00 €

A persoa que adquira entradas con desconto debe presentar a acreditación correspondente no momento de comprar as entradas e de acceder ao auditorio-

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

A historia transcorre na lavandería dunha cidade e trata de evocar de maneira poética o inverno e as sensacións invernais.

Todo pode pasar nunha lavandería, mesmo botar unha peza para lavar e que non apareza, e tamén tecer historias que traten sobre a soidade das persoas maiores.

A través do xogo, e inspirada na capacidade imaxinativa da infancia, se proponene escenas abertas á interpretación do público, algunhas abstractas, outras máis concretas.

Duración: 45 min

Público familiar. Espectáculo recomendado a partir de 3 anos.

Compañía: K'paparota Teatro e Danthea Teatro

Autoría: Patricia Cameán e Carlos Clemente

Dirección: Carlos Clemente

Elenco: Patricia Cameán

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión