Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tomás Barros, "La mirada interior"

Esta exposición permitirá visibilizar e reivindicar a figura do polifacético artista, un dos máis destacados integrantes do denominado movemento do exilio interior.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/01/2023 ata o 12/02/2023

Xa rematou

Horario:

Martes a sábado de 11:00 h a 13:30 h e de 18:00 h a 20:00 h

Domingo e festivos: de 12.00 a 14.00 h

Luns pechado

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Organiza:

Concello da Coruña

Contacto:

Telef.: 981 189 856

A mostra desenvólvese con motivo da celebración do centenario do nacemento de Tomás Barros, e inclúe parte da súa obra plástica e tamén unha pequena selección das súas obras tanto de teatro como de poesía.

Tomás Barros foi pintor, poeta, ensaísta, autor teatral, novelista, articulista, catedrático e membro da Real Academia Galega, e converteuse nun dos intelectuais máis activos e dos maiores creadores que tivo Galicia no pasado século, especialmente durante o período de posguerra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión