Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: Demente

Arrincamos tempada do Ciclo TRC danza con esta peza de baile e música tradicional galega

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/04/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

10'00 € (Carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20 %; familias numerosas, -25 %)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

En "Demente" plasmaremos unha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas. A reclusión practicamente carceraria das persoas "dementes" en tempos pasados, as acumulacións de persoas enfermas, as contencións mecánicas totais e parciais, así como as contencións químicas (antipsicóticos e outros medicamentos), os suicidios ("o tolo cando entraba no manicomio só lle quedaba agardar esperar a morte."), a explotación da enferma, "os almacéns de carne humana"...Deste xeito, mostraremos en escena a evolución dos tratamentos en persoas que padecen trastornos mentais, desde as acumulacións practicamente carcerarias ata a externalización dos nosos días. Por que as doenzas mentais producen certo medo? Por que coloquialmente utilizamos expresións como "estás para encerrar", "estás para atar", "estás tolo"? Pensamos que unha solución para "o tolo" ou a "tola" ten que ser o encerro ou sufrir algún tipo de contención mecánica ou química? É necesaria a integración na sociedade e a normalización como outro tipo de doenza, loitar contra o estigma. Estas e moitas outras cuestións trataranse en escena. Como dicía nunha carta dunha persoa "demente" ao director do Manicomio de Conxo nos anos 40: "non son os pobres tolos recoñecidos os que fan dano ao planeta, senón os grandes tolos por recoñecer". Exemplificaremos algunhas destas doenzas e tamén o trauma que supoñen: "Nunca tratei cun paciente con esquizofrenia cunha vida que, tal e como a experimentou o paciente, non me volvía tolo a min ou a calquera." (Bertram P. Karon).

Autor e coreografo: Francisco Sieira González

Dirección artística: Carla Diego Luque

Elenco: Francisco Sieira González, Martín Mondragón Rivadulla, Adela Otero Vázquez, Artur Pastoriza Puga, André Ádrio Rodríguez, Patricia Sánchez Seoane

Músico: Cristian Silva Bóveda

Duración estimada: 60 minutos (sen intermedio)

Venda de entradas

Despacho de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda

* Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión