Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRCdanza: O Ponto impropio A/S/V

De Javier Martín

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/04/2026

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Danza contemporánea  

o ponto impropio A/S/V

coreografía, son orgánico e cinema expandido 

Un corpo no esforzo de percibirse a si mesmo, que nos comparte as súas aproximacións, descubrimentos e revelacións. A entrada a un laboratorio no que a percepción distorsionase e afínase á vez, propoñendo novas sensibilidades. Unha experiencia que cuestiona o eu percibido, a identidade construída en base a proxeccións comunmente asumidas. Un desprazamento cara a outras posibles versións: canto de nós nos é alleo? que é o verdadeiramente propio e onde o atopamos?

[A/S/V] o ponto impropio elabora movemento, son e imaxen en tempo real: unha sorte de rexistro e composición auditiva (A), somática (S) e visual (V) que, en exercicio resoante, activa e resignifica a coreografía.

Intérpretes:

Javier Martín 

Equipo artístico/técnico:

Concepto e movemento: Javier Martín

Produción e acompañamento: Sabela Mendoza

Son: Adolfo García

Acompañamento coreográfico: Pep Ramis

Concepto sonoro e artefacto escénico: Javier Martín

Vestiario:  Y by ferdy, Cremallera Studio, Anna Whirling

Apoio á producción:  Cultura A Coruña

Apoio á distribución:  INAEM Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música

Duración: 60 minutos 

Venda de entradas 

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión