
Este domingo 4 de xuño, o Castelo de San Antón abrirá as súas portas á 6ª edición do festival internacional Quincegotas, unha iniciativa que, desde o ano 2015, achega ao público as mellores propostas de danza contemporánea baixo unha perspectiva moi específica: os espectáculos sempre se levan a cabo a pé de rúa, máis aló dos teatros.
Para público en xeral
04/06/2023
Xa rematou
12.30 e 19.00 horas.
90 min aproximadamente
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
Entrada libre ata completarse a capacidade prevista no patio interior do Castelo
Colaboran: Concello da Coruña - Artestudio - Cia Entremans
produccion@artestudioxestioncultural.com
O festival de danza Quincegotas ten dúas sesións: unha pola mañá, que empeza ás 12.30 horas, e outra pola tarde, que comeza ás 19.00 horas. Cada sesión ten unha duración aproximada dunha hora e media e componse de tres ou catro espectáculos.
Nesta edición, o festival conta con sete espectáculos que se poderán ver no patio interior do castelo de San Antón. Estes son: