Concello da Coruña

Concello da Coruña
Advocate

ADVOCATE de Rachel Leah Jones e Philippe Bellaiche

Traidora, avogada do diaño... Á letrada xudía Lea Tsemel chamárona de todas as formas posibles.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/12/2023 ata o 09/12/2023

Xa rematou

Horario:

Xoves e venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €

Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Está especializada na defensa de prisioneiros políticos palestinos e non ten pelos na lingua cos seus compañeiros de profesión. Acepta os retos máis difíciles, como o de representar a acusados palestinos que cometeron, presuntamente, delitos de terrorismo ou crimes contra cidadáns israelís, baixo a convicción de que a represión que sofre Palestina xustifica a súa loita pola liberación da súa terra.

Un seguimento exhaustivo durante a preparación das defensas de dous casos concretos, -o de Ahmad, un neno de 13 anos acusado de participar nun apuñalamento dun mozo israelí e o de Israa Jaabis, acusada polos oficiais israelís dun intento frustrado de atentado suicida-, achéganos á inclasificable e excepcional personalidade da protagonista. Defensora dos dereitos humanos e cunha enerxía inesgotable, leva máis de cinco décadas denunciando o estado de ocupación e represión que sofren os palestinos e, á vez, tentando facer entender á opinión pública que o goberno de Israel é responsable desta violencia.

A historia dun terremoto no gremio da avogacía en Israel, desde onde Lea Tsemel envíanos un rogo e unha mensaxe poderosa: "Deberedes tentar comprenderme porque son o futuro".

Documental

Israel - Canadá - Suíza 2019

Duración: 110 min

NRM 16 anos

Proxección en VOSE

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (agás festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión