Concello da Coruña

Concello da Coruña
Company 01.06.2024

Asociación Galega de Teatro Musical presenta COMPANY

Asociación Galega de Teatro Musical

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/06/2024

Xa rematou

Horario:

19.00 h

Duración:

120 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

12,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Asociación Galega de Teatro Musical

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

Ambientada na cidade de Nova York, a obra é un compendio de sketches sen unha estrutura narrativa concreta que exploran as relacións de parella tomando como punto de partida o corenta aniversario do seu protagonista Robert. As vicisitudes do matrimonio, o medo á soidade ou a necesidade de independencia son algunhas das cuestións que expón o espectáculo, a miúdo considerado como un dos máximos expoñentes do musical conceptual, aquel que antepón a reflexión sobre unha idea por riba da trama.

Dirección: Sara Fandiño

Duración: 120 min

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión