Concello da Coruña

Concello da Coruña
Libro infantil

Contacontos "O Grúfalo": despedimos o outono na Biblioteca Ágora

Queres vir pasar unha tarde amena entre libros e historias? Na sala infantil da Biblioteca Ágora despedimos o outono cun contacontos e un obradoiro baseado no conto "O grúfalo".

A quen vai dirixido?:

Público infantil de 3 a 7 anos

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

12/12/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 05/12/2024 ata o 12/12/2024

Require inscrición.

Horario:

Das 18.00 ás 19.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

O xoves 12 de decembro ás 18.00 h despedimos o outono na sala infantil da Biblioteca Ágora cun contacontos baseado na historia de "O grúfalo" de Julia Donaldson e Axel Scheffler, publicada en galego na editorial Patasdepeixe.

Ademais do contacontos, desfrutaremos da man das bibliotecarias do obradoiro "Á procura dos tesouros do outono", no que elaboraremos unha caixa de tesouros outonais, recitaremos poesías, adiviñas e cantigas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión