Concello da Coruña

Concello da Coruña
O Xoán 06.05.2026

CORUFEST26 - Concerto O Xoán

Corufest26

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/05/2026

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

10,00 €

20% de desconto para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

25% de desconto para familia numerosa

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
  • Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos nin bebidas na sala (excepto auga).
  • Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
  • O teatro ten reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
  • Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Seguir as instrucións do persoal da sala.
  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

O Xoán naceu dun desamor e dunha volta á casa case forzada, pero co drama por montar: simplemente tocou volver á aldea, sachar un pouco e poñerse a facer pop e electrónica en galego. Música con identidade, sentido do humor e a medida xusta de intensidade. Co seu primeiro sinxelo, Ferido, espertou xa o interese do público e da escena profesional e abriu unha etapa máis atrevida e visual na que nos mostra o seu estilo propio e unha proposta contemporánea e nova dentro da escena galega. Preparando o lanzamento do seu traballo debut esta primavera-verán presentará en escenarios diversos o seu primeiro espectáculo.

Para os primeiros concertos desta primavera O Xoán combina o seu lado actoral co musical e presenta un espectáculo escénico e visual cun fío narrativo que nos vai levando dun tema a outro, un show hipnótico que atrapa o público coa súa mestura de cancións e historia persoal.

O recente gañador do Mestre Mateo a mellor actor protagonista Xoán Fórneas en directo

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión