«Coruña Comunica Ciencia» é un evento de comunicación científica que ten como obxectivo achegar a ciencia ao público xeral a través de diversos formatos de divulgación, incluíndo monólogos, experiencias híbridas, teatro e música.
Cada xornada terá tres bloques de actividades, as mañás para público escolar e as tardes e noites para público familiar e adulto.
Este proxecto está organizado pola entidade Ceo Aberto e conta co apoio do Concello da Coruña e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Programa
Mércores 11
- 10:30 - 13:00 h.: Ata o infinito... e máis aló, co asesor STEM José Viñas (Alumnado de Secundaria)
- 17:30 - 18:30 h.: Teatro, malabares e física. Rube, coa compañía circense Alodeyá (Todos os públicos)
- 20:00 - 21:00 h.: Recital «Caos: de la teoría a la música», coa Dra. Laura Farré Rozada. Pianista, matemática e investigadora (Todos os públicos)
- 21:00 - 22:00 h.: Teatro «Elemental», con Manuel Vicente, o actor César Goldi e o pianista Juanjo Fernández (Todos os públicos)
Xoves 12
- 10:30 - 11:50 h.: «Un mundo de fantasIA: guía de supervivencia dixital», co experto en hacking e ciberseguirdad Kike Fontán. (Alumnado Primaria)
- 17:00 - 19:00 h.: Galicia Divulga. Microcharlas coa divulgadora Eva Cabanelas, o divulgador Jacobo de Toro, a experta en IA Alba Meijide, o astrónomo Dosi Veiga, e a directora do IIM CSIC Beatriz Novoa (Todos os públicos)
- 20:00 - 21:00 h.: Charla «Evolucion da cirurxía torácica coa robótica por incisión única», co cirurxián Diego González (Todos os públicos)
- 21:00 - 22:00 h.: Hacking para adultos co hacker e experto en ciberseguridad Kike Fontán (Público adulto)
Venres 13
- 10:30 - 11:50 h.: «A metade invisible da Ciencia», coa enxeñeira biomédica Iria Ollero e o divulgador científico David Ballesteros (Alumnado Secundaria)
- 17:00 - 18:00 h.: Radio. Gravación de «Efervesciencia», co divulgador Manuel Vicente (Todos os públicos)
- 18:00 - 19:00 h.: Charla coa divulgadora Rocío Vidal, «La gata de Schrodinger» (Todos os públicos)
- 20:00 - 20:45 h.: «3clipses», charla do director dos Museos Científicos Marcos Pérez (Todos os públicos)
- 20:45 - 21:45 h.: Charla «El espejismo de la mayoría», co divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón (Todos os públicos)
- 21:45 - 22:30 h.: Música e IA: «El arte ha muerto ¿otra vez? La ilusión de la creación musical», coa compositora e experta en IA Sofia Oriana (Todos os públicos)