Concello da Coruña

Concello da Coruña
Rubén Blades 20 de xullo de 2023

Coruña Sounds 2023 - ADIAMENTO Rubén Blades

Aprazado o concerto de Rubén Blades por unha indisposición do artista

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/08/2023

Datas de devolución: desde o 21 de xullo ata o 7 de agosto de 2023 (ambos inclusive)

Xa rematou

Horario:

22.00 h

Apertura de portas: desde 1 h antes do inicio do concerto

Enderezo:

Parque de Santa Margarita. Glorieta América s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

35,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

O cantante panameño padeceu un problema nas cordas vocais durante os ensaios da súa actuación no ciclo Coruña Sounds.

A nova data será o 28 de agosto no auditorio de Santa Margarida. As entradas adquiridas para a actuación de hoxe serán válidas para a nova data.

Aquelas persoas que non poidan ou queiran asistir na nova data poderán pedir a devolución do importe das entradas a través da mesma canle de compra.

Se compraron en ataquilla.com, debe enviar un correo electrónico a ataquilla@afundacion.org solicitando a devolución.

Se se compraron no despacho de billetes da praza de Ourense, deben acudir coas súas entradas ao despacho de billetes e solicitar a devolución.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión