
Encontros para familias na Biblioteca Os Rosales
Encontro deseñado para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender de maneira conxunta sobre temas de interese familiar e educativo.
Para familias con nenas e nenos de entre 7 e 12 anos
Infantil, Familias
28/05/2026
Dende o 21/05/2026 ata o 28/05/2026
das 18.30 ás 20.00 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
12
Tel.: 981 184 389
Un Encontro para familias con nenas e nenos de entre 7 e 12 anos, onde a creatividade e a literatura se converten nunha experiencia compartida.
Sheila García acompaña a creación en familia dun libro-obxecto que percorre un itinerario literario e vital a través de seis destacadas escritoras galegas: Exeria, Begoña Caamaño, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán e Xela Arias.
Ao longo deste percorrido, achegarémonos ás súas vidas e obras, descubrindo o seu legado cultural e literario. A través de técnicas sinxelas como o pregado, a colaxe e o pop-up, representaremos de forma visual e plástica distintos aspectos destas autoras, combinando aprendizaxe e expresión artística.
Agardámosvos!