Concello da Coruña

Concello da Coruña
Eurovisión O fake show

Eurovisión (o fake show)

Programación da Deputación da Coruña

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/10/2023

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Entrada con invitación (máximo 2 invitacións por persoa)

Televenda:

Ataquilla.com

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/

Organiza:

Deputación da Coruña

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Eurovisión (O fake show) é o último texto de teatro escrito por Lino Braxe para a compañía Bucanero.

O concurso musical televisivo por antonomasia retransmitindo cancións, presentacións, votacións... As tripas da televisión, os tópicos patrios máis absurdos, músicas delirantes nun xogo escénico sen fin.

Países europeos mestúranse coa China e EEUU, que non son europeos, pero que participan. Como tamén participa Galicia (que non é país, pero si europea) como anfitrioa.

Podería a TVG retransmitir unha gala de Eurovisión? Participaría Galicia cunha canción? Converteríase, por tanto, en país? Estamos preparados para o gran show? Onde reside a alma da patria?

Algunhas preguntas e risa asegurada.

Dous actores e unha actriz que cantan, bailan, presentan, actúan...

Eurovisión (o fake show) é un texto no que o autor, Lino Braxe, lle dá renda solta ao seu máis persoal sentido do humor. Un texto pensado para tres actores amigos e colaboradores habituais, como son Xosé Bonome, Pedro Picos e Sabela Hermida, no que se mestura o humor coa música, dúas das paixóns do propio Braxe.

Con: Sabela Hermida, Pedro Picos e Xosé Bonome

Voz en off: Javilópez

Dirección: Rebeca Montero

Texto: Lino Braxe

Coreografía: Sabela Hermida

Música orixinal: José Bonome

Letristas: Rebeca Montero, Sabela Hermida, Xosé Bonome e Pedro Picos

Vestiario: Bucanero e Manarte

Deseño iluminación: Is Torrado

Deseño gráfico: Héctor Bonome

Escenografía: Is Torrado

Produción: Bucanero e Manarte Producciones

VENDA DE ENTRADAS

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: dende 2 horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión