
Mostra a familiares, amizades e público en xeral, os avances obtidos polo alumnado que asiste ás clases, baixo a dirección do profesor Alberte Núñez.
Para público en xeral
16/06/2023
Xa rematou
19.30 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade.
Amigos do Acordeón
Un dos fins principais que figuran nos estatutos da Asociación Amigos do Acordeón da Coruña é a divulgación do acordeón e a súa música.
Unha das súas actividades máis importantes é o funcionamento das aulas de acordeón, onde se imparten clases a alumnado de todos os niveis.
Na actualidade existen 2 grupos de linguaxe musical, 7 grupos dende iniciación a perfeccionamento, unha formación de música tradicional e unha orquestra de acordeóns.
Todos eles encherán de música moi variada o escenario do Fórum, cedido para a ocasión, e daranlle visibilidade a este bonito instrumento.
Agardámosvos!