Concello da Coruña

Concello da Coruña
Composición coa portada do libro

Presentación do libro "A carón do lume", de Mónica Prego

Xavier Alcalá presentará na Biblioteca de Estudos Locais o libro de receitas galegas "A carón do lume", de Mónica Prego, editado por Galaxia.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/12/2024

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Hashtag:

##cociñagalega#cociña#BibliotecasCoruña#Coruñacultura

Contacto:

A carón do lume ofrece un monllo de receitas galegas, humildes e tradicionais, que pretende espertar un recordo, transmitir o sentir e a historia que vai de par de cada unha delas; esas receitas que as avoas facían a carón da lareira, o centro das casas.

Este é un regalo da autora para fillos e netos, para que no futuro poidan coñecer e entender algo máis daquel xeito de vida.

Mónica Prego naceu en Mercurín (Ordes) en 1975, onde pasou a súa infancia coa súa nai, avós e bisavós.

Tras graduarse en Ciencias Económicas, traballou no estranxeiro durante varios anos e, ao regresar, e seguindo a súa paixón pola cociña, comezou a compartir receitas e contidos culinarios no seu blogPandebroa, que compaxinaba co seu traballo. Cos anos, e tras un máster en márketing dixital, a divulgación de contidos culinarios acabou sendo a súa profesión.

O seu amor pola terra, os nosos costumes e tradicións, impulsárona a querer recuperar, conservar e transmitir moitas receitas tal e como as facía a súa avoa, como as viviu e da maneira máis tradicional e auténtica que sexa posible.

Podes seguila en redes en: @pandebroa.by.monikaprego

Xavier Alcalá (Miguelturra, Ciudad Real, 1947) naceu en terras manchegas, pero criouse en Ferrol.

Autor de moi ampla traxectoria, ao longo de máis de corenta anos dedicados á escrita publicou algúns títulos que se consideran clásicos modernos da literatura galega, como A nosa cinza (1980), que marcou a toda unha xeración de persoas lectoras en Galicia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión