
Porque non é demasiado cedo para descubrir as palabras, o ritmo e as historias.
Familias con bebés de 0 a 3 anos.
Bebés, Familias
Dende o 27/08/2026 ás 11:30 ata o 27/08/2026 ás 12:30 , os xoves
Dende o 20/08/2026 ata o 27/08/2026
De 11.30 a 12.30 h.
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
12
Especial Bbencontro de verán coa colaboración de Un Punto Curioso.
Un espazo para que as familias con bebés de 0 a 3 anos descubran o pracer de compartir libros e momentos de lectura cos seus fillos e fillas.
Achegaremos ás familias ao mundo dos libros, ofrecendo recursos e ideas para facer da lectura unha experiencia compartida desde os primeiros anos de vida. Porque ler cos bebés é moito máis ca contar un conto: é mirar, escoitar, falar, cantar, xogar e crear vínculos a través das palabras e das historias. No fogar é onde a lectura atopa o seu espazo e as familias son os primeiros modelos lectores dos seus fillos e fillas.
Desde as bibliotecas queremos acompañarvos e facilitar que ese espazo estea cheo de libros, historias e momentos para compartir.
Tamén che pode interesar