
Casa Museo Picasso acollerá o taller artístico e creativo "Gilot_Picasso", impartido pola artista Gosia Trebacz.
Para público en xeral
Os días 18/09/2026, 19/09/2026
Público adulto
Público infantil
Casa Museo Picasso. Rúa Payo Gómez 14, Bj y 2. 15004 A Coruña
9 por día
Casas Museo. Servizo de Cultura
Trátase dunha proposta interxeracional dirixida tanto ao público adulto como ao infantil. A actividade toma como punto de partida a relación artística e vital entre Françoise Gilot e Pablo Picasso, explorando as influencias, afinidades e procesos creativos que marcaron a traxectoria de ambos os artistas.
A través de diversas actividades plásticas, as persoas participantes poderán achegarse á obra e ao universo creativo destas dúas figuras clave da arte do século XX desde unha perspectiva participativa e contemporánea.