
Visita o álbum de fotos desta biblioteca
Inverno: luns, mércores, xoves e venres: 09.00-20.30 h
martes: 9.00-14.00 h e 16.00-20.30 h
Sábados: 10.00-14.00 h e 17.00-20.30 h
Verán: luns, mércores, xoves e venres: 09.00-20.30 h
martes: 9.00-14.00 h e 16.00-20.30 h
Sábados: 10.00-14.00 h
Fóra destes horarios a devolución de libros farase na caixa de correos da porta principal.
Horario
Como chegar
Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se vas facelo en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:
Liñas de bus urbano
Estacións de bicicletas
Que me ofrece esta biblioteca
A Biblioteca Municipal Ágora intégrase dentro da rede de bibliotecas municipais da Coruña e ofrece os seguintes servizos:
Espazos para nenos, novos e adultos:
Máis información
A Biblioteca Municipal Ágora, inaugurada en 2012, é a de maior tamaño de todas as que forman a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña xa que supera os 1700 metros cadrados.
Situada xeograficamente á beira do histórico Barrio de Mariñeiros, dá servizo a unha ampla zona xeográfica, un importante volume de poboación que supera os 20.000 habitantes (San Pedro de Visma, parte de Labañou, Mariñeiros, Peruleiro, Agra do Orzán, Ventorrillo, A Silva e Cances).
A Biblioteca atópase dentro do Centro Ágora, un equipamento municipal integrado e cunha variada programación dirixida a todo tipo de públicos.
A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, dando servizo e atención ao conxunto dos veciños da súa zona de influencia.
O blogue SumaÁgora dá voz a identidade, memoria, espazos, persoas e futuro do barrio.
Actividades relacionadas