
Como funciona?
É unha tarxeta turística que ofrece acceso libre ou descontos e vantaxes nas principais atraccións turísticas da cidade: Torre de Hércules , Casa dos Peixes , Domus , Casa das Ciencias , Castelo de San Antón .
Xunto coa tarxeta, entregaráselles ás persoas usuarias un mapa turístico da cidade no que figurarán tamén os establecementos adheridos e información de interese para gozar da súa estadía na Coruña.
Coruña Card ofrece acceso libre aos seguintes museos municipais:
Onde se pode mercar?
Nota: todos os establecementos adheridos adquiriron a obriga de lles aplicar o desconto ás persoas usuarias. Turismo da Coruña non se fará responsable das deficiencias no servizo nin dos cambios de tarifas e/ou horarios dos establecementos colaboradores, non obstante agradeceriamos as súas suxestións e comentarios para continuar mellorando a nosa tarxeta. As informacións que constan nesta guía foron confirmadas na data da súa inserción e podería ser posible algunha alteración sen aviso previo, sen ter responsabilidade Turismo da Coruña.